Como medir os voltaxes dunha fonte de alimentación
Neste vídeo, os alumnos e alumnas de FP Básica do IES A Cañiza explicamos paso a paso como medir os distintos voltaxes dunha fonte de alimentación. Aprenderemos a identificar as saídas principais, empregar correctamente o polímetro e comprobar as tensións de forma segura. A través desta práctica mostraremos o proceso completo, desde a preparación do material ata a toma final de medidas, demostrando os coñecementos adquiridos no módulo.
Unha maneira sinxela e visual de entender como funciona unha fonte de alimentación e como se verifican os seus voltaxes!
Comentarios
Publicar un comentario